Dende Xestoso pro mundo

Dende Xestoso pro mundo.

E bonito que esta páxina, este grupo viaxe a través de internet a terras lexanas.

Hoxe, un tal Epaminondas, nome ficticio, mo dixo logo, escribeume e presentouse…..está en Arxentina, alí emigrou levado por seus pais a mediados de 1950; os pais morreron e agora, alí está ca sua familia, fillos e demais….

Foi de ahí o lado, de Labrada, casualmente, da Torre, lugar que ben coñezo, cerca do Pumariño, recordo ben…..cómo non vou recordar. Cóntovos.

Tiña eu 11 anos e como cada día, hay anos, iba recoller a leite polos lugares de Labrada….Me preparaban o cabalo, dous bidóns, un a cada lado, suxetos por unha corda.

Mañanciña, cediño, néboa, frío seco, non chovía e, subindo cara A Torre, eu sentado no cabalo, amodiño, o seu paso…..de repente, o cabalo se para e non quería andar, piqueino cos pes, e nada, daba a cabeza con un relincho de que non…….Non perdín a templanza, algo pasa, o meu mecanismo de defensa era non baixarme do cabalo……sigo picando, e nada……



Non tiven medo nin me asustei, envolto na néboa, espesa, nunha corredoira fonda, chousas hacia un lado e, hacia o outro, mais lexos as casas da Torre.

Tranquilo, dinlle o cabalo uns cachetes cariñosos onde a crin, e de repente, deu un pasiño, e outro e arrancou a andar. Eu, sobre o cabalo, costábame subir, tíñame que acercar a un balado, ou que me axudara alguén, tiña mais visibilidade, miro hacia a camposa e vexo un animal, pra min o lobo, que, mansiñamente deu a volta e alexouse……

Xa cando acabei o recorrido, conteino na casa e meu abó, estáballe facendo a sua ruta pra que él poidera facer outros traballos, díxome, tranquilo, eeee….sería o lobo……díxomo como si tal cousa, como se fora de diario….

Estou convencido que o era, nos lugares o cabalo non se paraba ainda que saliran cans o encontro……Anécdotas.

Así foi, e así o conto……Hoxe cecais sentiría medo, pero de novo non ves o perigo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *