As difíciles relaciós na Edade Media

Hay que comprender os antepasados de Xestoso, labregos, a vida non lles foi fácil, a presión de pagar o Mosteiro, traballas a maquila, en caseque todo, pois maquila era levarse un porcentaxe da cosecha, ou do gando……eso por un lado, e por outro, que se a cosecha non era boa, levaban a maquila sobre unha base moi pequena. Se un boi se vendía en 3.000 era o % sobre esa base, e se se vendía en 1.000 era a misma porcentaxe sobre esa base.

Tensión, violencia e pleitos continuos neses tempos. Alianzas complexas….o Mosteiro e os Andrade non tiñan boa relación, pero se necesitaban, e o Mosteiro pideu protección os Andrade que lla deron a cambio de un canon anual que tiñan que pagar relixiosamente, pero esa protección, mais que valer de tal, valía de ameaza o Mosteiro, pois a forza a tiñan os Andrade.

Sucedeu que os Andrade levantaron un castelo, pero, se demostrou que os terreos eran do Mosteiro. Solución pactada entre eles coa mediación do rei co cual os Andrade tiñan boa relación, non tirar o castelo, permitir a ilegalidade, a cambio de un canon económico importante.

Tan importante que xa se sabe de onde salían os cartos, de onde os había, o Mosteiro, que apretaba os labregos e o ter que pagar o canon os Andrede, ainda os apretaba mais.

Os Andrade usaban o seu poder militar pra coaccionar o abade e influir no goberno do mosteiro, ou se apropiaban do gando e da madeira das fragas, que traballaban os campesinos e así, indirectamente, os campesinos traballaban pos Andrade, caseque un triángulo que hoxe podemos ver en relacións económicas ou mesmo en alianzas políticas.

O final, os Andrade tiñan a sartén polo mango, e os labregos tiñan que contentar os Andrade e mais traballar a maquila pro mosteiro…..

Foto de Puentedeume Turismo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *