Aquela chispa, aquel día….
Sempre na miña lembranza, como se fora onte ou antonte…..empezaba a caer a noite, oscurecía a cada paso, a cada minuto.
Nos, de volta do monte, o carro, as vacas, o carro cheo de toxo, notábase que non era unha tarde calquera; a electricidade notábase, lóstregos que en milisegundos iluminaban o camiño, as vacas, nervosas, tiraban do carro e o cantar do eixo resoaba de forma triste…..o can que nos acompañaba, soltaba alaridos, oubeaba mirando a lúa, cansina, preguizeira, entre nubes…..unha tarde-noite trémula, triste, lóstregos acompañados de tronos que cada vez sonaban mais perto.
O lonxe, sentíamos o sonar da palleta, a aboa, a madriña, tocando a palleta dende a aira pedíndonos que volvéramos, era unha noitiña que non mostraba bo presaxio…..chovía miudiño e os lóstregos iluminaban as gotas de choiva o caer da noite, caseque avisando ou presaxiando que non ia ser unha noite calquera…..
O can, a noso lado, oubeaba, temeroso mirando a lúa, era unha escea na que te sintes totalmente nas mans da Natureza, dos caprichos da mesma……e o carro seguía a cantar, os lóstregos a encenderse, as vacas, tirando do carro, obedecían, se entregaban o mandato do que meu abó lles indicaba, con forza, bico baixo, alento acelerado, como se presaxiaran algo…..
Seguían os lóstregos, tan acostumados estábamos xa que casi desearíamos non foran tan instantáneos, tan breves, que duraran mais e nos iluminaran o camiño, e os tronos seguían, con forza, cada vez mais forza, ameazantes……e nos, impertérritos, firmes hacia a casiña, apretando os puños, meu abó o mando, meu tío empurrando cando o pisar charcos as vacas caseque non podían……
O eixo do carro, cada vez mais quente, entonaba o seu canto, triste, como premonitorio de algo, non era normal, unha tormenta seca, seria, repentina…..
O fin chegamos, caseque media noite, o carro o curral, as vacas a corte, nos a casiña, mollados de sudor, caseque chorando, meu abó firme, traballo dispoñendo…..
Acomodado o gando, metémonos na casiña, miña aboga preparou unha taza de leite quente con un pingo de grasa, pra nos quentar, todos derredor da cociña, da bilbaina…….poucas verbas, moitos silencios, todos quentándonos….calados, ledos de estar na casiña, sentíamonos protexidos, pero as lágrimas asomaban nos ollos, sobor de todo das mulleres, meu abó, impertérrito, firme, como a natureza desafiando, con nos non podes, vai pra outro lado.
De repente un estalido seco, inmenso, enxordecedor, atronador, con lóstregos que iluminaron toda a casa, o camiño, a corredoira…..unha chispa¡¡¡¡ dixo miña tía……cale, ne, repuso nervioso meu abuelo, eso foi unha bomba¡¡¡¡, como se fora algo normal, os neniños¡¡¡¡ repuso miña tía, correndo o cuarto, os nenos chorando, miña tía nerviosa, nervioso o gando…..todos na casiña, tirando de candil, pra irse alumando.
Aquel raio, perto da casa, a 200 metros, aquel estoupido, aquela luminaria, cascada de raios…….Nunca o esquencerei…..o son do eixo, o son do carro, na miña memoria, sigue soando…
https://josecarballeira.com/wp-content/uploads/2026/08/imagen_2026-08-08_181822855.png

Deja una respuesta